A xunta destaca con los premios «bibliotecas que inspiran» un proyecto de patrimonio

bibliotecas que inspiran

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, fixo entrega hoxe dos Premios Bibliotecas que Inspiran 2026 aos proxectos presentados polas entidades públicas de Ortigueira e de Vilalba, que se centran, respectivamente, na conservación e difusión do patrimonio documental da localidade coruñesa e na figura e vencellos coa Terra Chá do escritor Xabier P. Docampo. Fíxoo durante a celebración da segunda Xornada Internacional de Bibliotecas Públicas Galicia – Norte de Portugal, que se desenvolve na Cidade da Cultura baixo o lema Ciencia para pensar o mundo.

Acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, o representante do Goberno galego gabou as iniciativas destas dúas entidades locais “pola súa contribución á preservación da memoria local, no caso da de Ortigueira, e á promoción da participación interxeracional, no proxecto de Vilalba”. Precisamente, fixo fincapé na relevancia dos Premios Bibliotecas que Inspiran para “motivar, darlle pulo e recoñecer esas iniciativas que teñen un impacto positivo en comunidades de poboacións pequenas, fóra do ámbito urbano, en liña cos obxectivos da pioneira Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia”, lembrou.

Neste senso, o conselleiro salientou que Obxectivo: memoria local, da Biblioteca Pública Municipal Juan Fernández Latorre, de Ortigueira, e o Legado compartido, da Biblioteca Municipal de Vilalba son dúas propostas que constitúen “boas prácticas de xestión bibliotecaria, redundan nun mellor servizo á cidadanía e promoven o acceso a lectura e tamén a dinamizan”.

Sobre os proxectos gañadores

En concreto, López Campos precisou que o xurado valorou da proposta Obxectivo: memoria local, o feito de que incida na relevancia de preservar o fondo documental local, neste caso, o de Ortigueira. “A memoria local é a que define e singulariza cada biblioteca e a comunidade á que serve, pois identifica as persas vencelladas a un territorio, a unhas tradicións e a unha historia”, salientou desta proposta gañadora na categoría de entidades locais que contan cunha poboación de ata 10.000 habitantes.

Con respecto ao proxecto Legado compartido, presentado pola Biblioteca Municipal de Vilalba, na modalidade de entidades locais de máis de 10.000 habitantes, o conselleiro enxalzou que presentase unha iniciativa para desenvolver un proxecto continuado de promoción da lectura arredor dunha “figura e da obra dun autor tan apreciado” como Xabier P. Docampo. Nese senso, valorou que tamén se centre en promover o coñecemento e a difusión do legado literario da Terra Chá, a través deste escritor.

Finalmente, López Campos tirou proveito de que os premios se concedesen durante a xornada Internacional das Bibliotecas Públicas de Galicia, para subliñar o “relevante papel” destas entidades “na dinamización da lectura e en galego”. Ao respecto, fixo fincapé no compromiso do Goberno galego con respecto a este servizo, tal e como apuntou que reflicten os Orzamentos de 2027, cunha partida de  2,5 M€ para a mellora das coleccións, actividades ou posta en marcha do terceiro Mapa de Bibliotecas Públicas de Galicia ou os 14,5 M€ para aplicación, entre outras accións, das medidas específicas do Plan de dinamización da lectura de Galicia, entre a que apuntou o pulo á creación de clubs de lectura en galego.

Comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *